Unha casa de meu.

Un piso non. Un apartamento que dea atrás non. A casa dun home non. A dun pai non. Unha casa de meu. Co meu pórtico e a miña almofada, as miñas preciosas petunias púrpura. Os meus libros e os meus contos. Os zapatos agardando a carón da cama. Sen ter que perseguir cun pau a ninguén. Sen ter que recollerlle o lixo a ninguén.

Só unha casa silenciosa coma a neve, un espazo ao que poder ir. Limpo como o papel antes do poema.


"A casa de Mango Street". Sandra Cisneros.







No hay comentarios:

Publicar un comentario