-Ven xogar comigo- dixo o Principiño.
-Non podo -respondeu o raposo- non estou domesticado. Domestícame e poderemos xogar xuntos.
-¿Qué significa domesticar?- preguntou o Principiño.
-É algo moi esquecido -dixo o raposo– significa crear lazos. Virás cada día e te sentarás cada vez un pouco máis cerca. Eu primeiro mirareite desconfiado. Despois irei deixándote achegar. O trigo non significa nada para min, pero ti tes os cabelos dourados, se me domesticas, cada vez que vexa os campos de trigo serán algo especial.
E así o Principiño domesticou ó raposo e fixéronse amigos. Ata que un día o Principiño tivo que continuar a súa viaxe.
-Debo irme- dixo.
-Ah! Vou chorar –dixo o raposo.
-Túa é a culpa. Pedíchesme que te domesticara e agora estás triste.
-Cando te deixas domesticar corres o risco de chorar un pouco –dixo o raposo.
-Pero entón non gañas nada –dixo o Principiño.
-Gañas –respondeu o raposo –pola cor do trigo.

O Principiño. Antoine de Saint-Exupéry



1 comentario: