Unha princesa é unha princesa porque ti lle dis así. Se ti lle dis "eh, ti", convértese en "eh, ti".
 -Como te chamas?
 -Princesa.
 Bo claro. Neste caso é diferente. É como cando a alguén lle poñen Liberdade e logo átana cunha corda ao carriño en que levan ao seu irmán.

Ortigas. Xiana Arias Rego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario